AGRUPACION CULTURAL XUNCO
INICIO    NOTICIAS    HISTORIA    DATOS E SITUACIÓN    PARDERRUBIAS    ARQUIVO GRAFICO    ASOCIARSE    CONTACTAR
MENU IZQUIERDA






GRUPO DE GAITAS XUNCO

DOMINGO 12 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 11:00 HORAS
PROCESIÓN E SESIÓN VERMOUTH - ANGUDES (CRECIENTE)
______________


GRUPO FOLCLÓRICO XUNCO

DOMINGO 14 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 HORAS
CENTRO CULTURAL DE AREAS (TUI)
______________


ACTIVIDADES SEMANAIS NO CENTRO CULTURAL

VER EN ACTIVIDADES EN CURSO - HORARIOS
COMEZARON: BAILE TRADICIONAL INFANTIL, PLAY-BACKS E GAITA. PROXIMAMENTE REINICIARANSE BAILE TRADICIONAL DE MAIORES E XIMNASIA DE MANTEMENTO.
______________




» VER TÓDOLOS EVENTOS «

Camilo Estévez Barros foi o seu promotor e director.
Fernando Caballero é o profesor do grupo

Cada vez que actúa o Grupo Folclórico Xunco, o Grupo de Gaitas acompaña coa sua música. Este Grupo pode actuar en solitario ou formando parte do Grupo Folclórico.

                                    Ver horarios

HISTORIA E ACTUACIÓNS

2005

- 12 de febreiro: Con motivo do Antroido, o Grupo de Gaitas acompañou o enterro do entruido dende o centro cultural ata o novo aparcamento onde se fixo a queima. 
- 22 de outubro: Con motivo do Ciclo cultural 2005, O Grupo de Gaitas Xunco actuou no Centro Cultural de Parderrubias. 
- 18 de Decembro: actúa en Budiño (Porriño) como sorpresa nun cumpleanos.

2006
- 6 de xaneiro: día de Reis, a saída da misa acompañan o grupo de baile tradicional na súa presentación no recinto de festas de Parderrubias. 
- 15 de xaneiro: Volven a actuar, con motivo das festas de San Mauro, acompañando o Grupo de Baile Tradicional primeiro na procesión e logo actuando no recinto de festas. 
- 4 de marzo:  volve a acompañar no enterro do entruido ata o lugar da queima. 
- 19 de Maio: fai unha actuación no Geriatrico de Pontevedra, situado en Vilaboa. 
- Co motivo das festas da Virxe das Dores, o día 21 de Maio, volven a actuar no recinto de festas de Parderrubias, acompañando o grupo de baile tradicional. 
- 7 de Xullo: actúa no Serán que se organizou no recinto de festas de Parderrubias, xunto con outros grupos da Agrupación, ademáis de outros. 
- 30 de Setembro: acompaña musicalmente na visita que organiza Xunco ó Muiño do Pantel en Parderrubias. 
- 12 de novembro: Con motivo da clausura do Ciclo Cultural 2006 en Parderrubias, actúa xunto con outros grupos de Xunco no torreiro de festas. 

2007
- 24 de Febreiro: acompaña o enterro do Entruido que se celebra na parroquia. 
- 12 de febreiro: actúa amenizando unha boda na igrexa de Entenza. 
- 20 de Maio: con motivo das festas patronais da Virxe das Dores, actúa no torreiro de festas de Parderrubias, formando parte do grupo Folclórico. 
- 9 de Xuño: ameniza unha boda na igrexa de Parderrubias. 
- 22 de Xuño: actúa na Fogueira de San Xoán organizada por Xunco. 
- 7 de Xullo: participa nun serán que se organiza nas pistas do Centro Cultural O Coto, en Budiño. 
- 1 de Setembro: participa no Serán dos Callos que organiza o Concello de Salceda. 
- 20 de Outubro: inaugura o Ciclo Cultural 2007 en Parderrubias. 
- 2 de Novembro: participa no serán organizado en Parderrubias. 
- 25 de Novembro: actúa na Festa do Cogumelo en Entenza. 

2008
- 19 de xaneiro: actua nas festas de San Mauro en Parderrubias, acompañando a procesión e facendo unha actuación o seu remate. 
- 9 de Febreiro: acompaña o enterro do Entruido que organiza Xunco. 
- 12 de Abril: participa no serán que organiza  o grupo "O serán" en Santa María de Salceda.
- 7 de Xuño: participa no serán que se organiza no Centro Cultural "O Coto" de Budiño.
- 6 de setembro: participa no Serán dos Callos, que se organiza en Salceda de Caselas.
- 27 de Setembro: participa no Serán Carballeira que se celebra en Picoña.
- 4 de Outubro: participa no serán San Tomé que se organiza no torreiro de festas de Parderrubias.
- 18 de Outubro: actúa no centro cultural de Parderrubias co motivo da inauguración do Ciclo Cultural 2008.

2009
- 3 de xaneiro: participa no IV Festival Folclórico que se celebra no Auditorio Municipal de Salceda, formando parte do Grupo Folclórico.
- 28 de Febreiro: acompaña a queima do Entruido, co motivo do carnaval, que se celebra en Parderrubias.
- 22 de Marzo: actúa no Centro Cultural de Rebordáns, formando parte do Grupo Folclórico.
- 25 de Abril: participan no Serán que se organiza no torreiro de Santa Maria de Salceda.
- 9 de Maio: participan no Serán que se organiza en Areas (Tui).
- 17 de Maio: actúan no torreiro de festas de Parderrubias, con motivo das festas Virxe das Dores 2009, formando parte do Grupo Folclórico.
- 24 de Maio: actúan en Belesar (Baiona),  formando parte do Grupo Folclórico.
- 18 de Xullo: participa na Festa da Muiñeira que organiza o Concello de Salceda, formando parte do Grupo Folclórico.
- 5 de setembro: participa no serán dos callos que organiza o Concellos de Salceda.
- 26 de setembro: participa no serán que se organiza en Picoña.
- 3 de Outubro: Participa no serán que organiza a AAVV San Tomé  no torreiro do Centro Cultural de Parderrubias.
-18 de Outubro actúa no Centro Cultural de Parderrubias, con motivo do Ciclo Cultural 2009 que organiza Xunco.
- 8 de Novembro: Acompaña o Grupo Folclórico Xunco no IV Festival Folclórico que se celebra no torreiro do Centro Cultural, con motico do Ciclo Cultural 2009.
- 14 de Novembro: Participa no Serán dos Cogumelos en Entenza.

2010
- 20 de Febreiro: acompaña a queima do Entruido, co motivo do carnaval, que se celebra en Parderrubias.
- 28 de Febreiro actúa no Centro Cultural "A Forna" de Budiño (Porriño).
- 1 de Maio: Participa no serán que organiza o Grupo O Serán no torreiro de Santa Mª de Salceda.
- 8 de Maio: Participa no serán que se organiza en Areas (Tui)
-16 de Maio: actúa no torreiro de festas de Parderrubias con motivo das festas Virxe das Dores 2010, acompañando o Grupo Folclórico.
- 29 de Maio: Participa nun Serán en Rebordáns (Tui).
- 12 de Xuño: Participa nun serán en Ribadelouro (Tui)
- 26 de Xuño: Actúa na Sardiñada do San Xoán en Parderrubias.
- 17 de Xullo: participa na Festa da Muiñeira que organiza o Concello de Salceda, formando parte do Grupo Folclórico.
- 25 de Xullo: Actúa en A Graña (Covelo), formando parte do Grupo Folclórico.
- 6 de Agosto: Actúa en Morgadáns (Gondomar), formando parte do Grupo Folclórico.
- 15 de Agosto: Actúa en Cabreira (Salvaterra), formando parte do Grupo Folclórico.
- 21 de Agosto: Actúa nas Festas de San Roque en Arantei (Salvaterra).
 
 
 
 
 
Esta páxina web en galego tivo unha axuda otorgada pola Xunta de Galicia.