GRUPO FOLCLÓRICO XUNCO

0 1027

O Grupo Folclórico está Composto polo Grupo de música, con gaitas e percusión, e o Grupo de baile

Ver horarios

HISTORIA  e  ACTUACIÓNS

Ten o seu orixe o 6 de xaneiro de 2006, cando unhas persoas, dirixidas por Esmeralda e Noemí, deciden preparar uns bailes para o día de Reis; volvendo a actuar nas festas de San Mauro o día 15 de Xaneiro. En vistas do éxito acadado, deciden seguir ensaiando; fanse os traxes e fórmase o Grupo Folclórico Xunco.

Nos seus inicios, o Grupo infantil empeza sendo ensaiado por Eva, mentres que o grupo de maiores así coma as actuacións serían dirixidas por Noemí. Dende 2008 ata o 2020 dirixiu o grupo TERE PÉREZ.

Na actualidade conta con dúas seccións: maiores e infantil.

Actualmente e dende outubro do ano 2023, CHISCO dirixe o grupo de baile. FERNANDO CABALLERO  dirixe o grupo de gaitas.

2024
– 19 de maio: Festas Virxe das Dores 2024. Parderrubias
– 4 de xullo: Praza do Concello. Salceda

2020
– 17 de maio: Festas Virxe das Dores 2020. Parderrubias (suspendida covid-19).

2019
– 19 de maio: Festas Virxe das Dores 2019. Parderrubias.
– 18 de xullo. Festival Folclórico do verán cultural de Salceda

2018
– 20 de maio: Festas Virxe das Dores 2018. Parderrubias.
– 3 de xuño. Centro Cultural de Soutelo
– 12 de xullo. Festival Folclórico do verán cultural de Salceda

2017
– 21 de maio: Festas Virxe das Dores 2017. Parderrubias.
– 14 de xullo. Festival Folclórico do verán cultural de Salceda
– 10 de setembro. Guillarei
– 11 de novembro: participa no XII Festival Folclórico en Parderrubias

2016
– 15 de maio: Festas Virxe das Dores 2016. Parderrubias.
– 19 de xuño: Día da muiñeira. Corredoira de Tui
– 5 de xullo: Festival Folclórico en Salceda.
– 10 de xullo: Festival Folclórico de Bustelo. Penafiel, Portugal
– 10 de setembro: Festival-serán en Alxen, Salvaterra
– 13 de novembro: participa no XI Festival Folclórico en Parderrubias
– 3 de decembro: Encontro Folclórico en Valladares
– 4 de decembro. Auditorio Municipal. Festival Solidario de Salceda

2015
– 14 de marzo: Inauguración Senda do Landres «Francisco Estévez Martínez».
– 17 de Maio: Festas Virxe das Dores 2015. Parderrubias
– 9 de xullo: Festival Folclórico en Salceda.
– 25 de outubro: Festival Folclórico solidario no Auditorio de Salceda
– 15 de novembro: participa no X Festival Folclórico en Parderrubias

2014
– 13 de abril: Auditorio Municipal de Salceda.
– 3 de maio: Festival Folclórico en Chapela.
– 17 de Maio: Festas Virxe das Dores 2014. Parderrubias
– 28 de xuño: Romería San Liborio. Soutelo
– 2 de xullo: Festival Folclórico Verán cultural 2014. Salceda
– 2 de novembro: participa no IX Festival Folclórico en Parderrubias

2013
– 19 de maio: Parderrubias. Festa Virxe das Dores.
– 17 de xullo: Festival Folclórico en Salceda.
– 17 de novembro: participa no VIII Festival Folclórico en Parderrubias

2012
– 15 de xaneiro: Festas de San Mauro en Parderrubias, acompañando na procesión e facendo, despois, unha actuación no torreiro.
– 6 de maio: Festa da Lamprea. Arbo.
– 20 de maio: Parderrubias. Festa da Virxe das Dores.
– 4 de xullo: Festival folclórico en Salceda.
– 21 de xullo: Malvas (Tui)
– 17 de novembro: participa no VII festival folclórico en Parderrubias.

2011
– 15 de xaneiro: Participa nas Festas de San Mauro en Parderrubias, acompañando na procesión e facendo, despois, unha actuación no torreiro
– 5 de febreiro: Actúa nas Festas de San Blas no Pazo de Santa Eulalia de Mos.
– 15 de maio: Actúa na Festa Virxe das Dores en Parderrubias
– 21 de maio: Actúa en Chapela
– 10 de xullo: Participa no Festival Folclórico que se celebra na Praza do Concello de Salceda, xunto cos outros 3 grupos de Salceda.
– 28 de agosto: Actúa na festa do viño, en Salvaterra de Miño.
– 13 de novembro participa na Festa do viño en Arantei.
– 13 de novembro participa no VI Festival Folclórico en Parderrubias.
– 18 de decembro actúa no Centro Cultural de Ribadelouro.

2010
– 16 de Maio: actúa no torreiro de festas de Parderrubias con motivo das festas Virxe das Dores 2010.
– 17 de xullo: Participa na Festa da Muiñeira que organiza o Concello de Salceda.
– 25 de Xullo: Actúa en A Graña (Covelo)
– 6 de Agosto: Actúa en Morgadáns (Gondomar)
– 15 de Agosto: Actúa en Cabreira (Salvaterra)
– 7 de Novembro: Participa no V Festival Folclórico que se celebra no torreiro do Centro Cultural de Parderrubias, con motivo do Ciclo Cultural 2010
– 14 de Novembro: Participa nun Festival Folclórico que se organiza no Centro Cultural de Areas de Tui

2009
– 3 de xaneiro: participa no IV Festival Folclórico que se celebra no Auditorio Municipal de Salceda, onde participan outros grupos Folclóricos da localidade.
– 22 de Marzo: actúa no Centro Cultural de Rebordáns celebrando o día do pai.
– 17 de Maio: actúa no torreiro de festas de Parderrbuias con motivo das festas Virxe das Dores 2009.
– 24 de Maio: actúa en Belesar (Baiona).
– 18 de Xullo: participa na Festa da Muiñeira que organiza o Concello de Salceda.
– 25 de Xullo: participa no Festival Folclórico Internacional que se celebra no parque Raíña Aragonta en Salceda.
– 8 de Novembro: Participa no IV Festival Folclórico que se celebra no torreiro do Centro Cultural, con motivo do Ciclo Cultural 2009.

2008
– 18 de Maio: actúa no torreiro de festas de Parderrubias, co motivo das festas da Virxe das Dores.
– 19 de Xullo: participa no Festival da Muiñeira que organiza o Concello de Salceda no parque Raíña Aragonta, con motivo das Festas do Cristo.
– 26 de Xullo: participa no Festival Folclórico Paradanda en O Grove que organiza a A.C. Mecos desa localidade.
– 9 de Novembro: participa no III Festival Folclórico do Ciclo Cultural 2008 que se realiza no torreiro do Centro Cultural de Parderrubias.

2007
– 20 de Maio: con motivo das festas patronais da Virxe das Dores, actúa no torreiro de festas de Parderrubias.
– 7 de Xullo: participa no Festival da Muiñeira, organizado polo Concello de Salceda de Caselas.
– 13 de Agosto: actúa no torreiro da Virxe do Camiño en Rebordáns (Tui) con motivo da súa semana cultural.
– 26 de Agosto: participa no Festival Folclórico da Festa do viño en Salvaterra de Miño.
– 11 de Novembro: pola mañá, actúa na Festa do viño en Arantei. O mesmo día, pola tarde, actúa no torreiro de Parderrubias no ciclo cultural 2007.

2006
– 21 de Maio: Co motivo das festas da Virxe das Dores,  volven a actuar no recinto de festas de Parderrubias, con moita afluencia de público.
– 7 de Xullo: actúa no Serán que se organizou no recinto de festas de Parderrubias, xunto con outros grupos da Agrupación, ademáis de outros.
– 12 de novembro: Con motivo da clausura do Ciclo Cultural 2006 en Parderrubias, actúa xunto con outros grupos de Xunco no torreiro de festas.

 

Leave a reply

You must be logged in to post a comment.