1. NOTAS HISTORICAS
2. A IGREXA PARROQUIAL DE SAN TOMÉ DE PARDERRUBIAS
3. A CAPELA DE SAN ANTONIO DE PADUA

VER DATOS DE POBOACIÓN


1. NOTAS HISTORICAS

A parroquia de San Tomé de Parderrubias situase nas inmediacións de Salceda de Caselas, concello ao que pertenece. Limita coas parroquias de Santa María e San Xorxe de Salceda, San Salvador e San Esteban de Budiño, San Vicente de Soutelo e Santos Xusto e Pastor de Entenza. A superficie en extensión que ocupa Parderrubias é de 3,7 quilómetros cadrados, dentro dos 32 que ten o Concello.
Ten dez barrios: Agro, Fontán, Lavandeira, Maceira, Montecelo, Pedrabuxiña, Piñeiro, Portela, Presa e Revolta. A máxima altitude acádase no Monte Faro, limitrofe coa de Entenza, de 204 m. de altura.  Limitan a parroquia os montes de O Coto da Caldeiriña, o Penedo da Pomba e o Coto do Pías. O arroio Landres, xunto co de Lagoela, recollen as aguas que discurren por esta parroquia, rematando no río Caselas.

Segundo Avila y la Cueva, historiador tudense do século XIX, o nome antiguo era o de Pedras Rubias, que ao parecer proven dos grandes penedos que rodeaban a parroquia, sobre todo os do sur e poñente, que polo sol e as chuvias tomaron o color rubio. Anteriormente, no ano 1610 o Bispo de Tui, Prudencio de Sandoval, cita o nome da parroquia como Perarubeas que traducido é o mesmo de Pedras Rubias; de aquí derivaría o actual de Parderrubias.

Antiguamente a parroquia estaba dividida en dous cotos de señorio, con dous xuices ordinarios nomeados, un polo señor da casa de Pedradagua e outro polo señor da casa do Castro, o Marques de Bendaña.

No ambito relixioso estiveron unidas á parroquia de Parderrubias, como anexos, as de San Xorxe de Salceda e a de San Salvador de Nogueira. No ano 1694, o 19 de outubro, o señor da Casa Grande a Picoña e o Bispo fixeron unha permuta, quedando a de Nogueira ao Bispo e as de Picoña e San Xorxe como anexos da de Parderrubias, coa condición de que as dúas fosen sempre de presentación dos Señores da Picoña. Posteriormente tanto San Xorxe de Salceda como San Martín da Picoña convertironse en parroquias independentes da de Parderrubias.

001


2. A IGREXA PARROQUIAL DE SAN TOMÉ DE PARDERRUBIAS

A actual igrexa parroquial de Parderrubias é unha obra nova de principios do século XIX. A anterior estaba situada no lugar coñecido como “O Igrexario”, perto da poza de San Tomé, de ahí que a poza teña ese nome.

Para o traslado a donde se atopa actualmente seguiuse un longo proceso diante do Obispado que durou máis de 15 anos (de 1804 a 1819). Nese espacio de tempo, primeiramente barallouse a posibilidade de arreglar a antigua igrexa; despois pensouse en facer un edificio de nova planta. Como a primeira alternativa estimouse que resultaría moito máis costosa decidiuse pola segunda solución, aproveitando a pedra que aínda valía e os retablos da antigua igrexa.

Entremediou unha polémica co cura de entón, D. Vicente Baqueiro, por culpa do diñeiro que o obispo ordenara aforrar para os gastos das obras e que estivo a punto de derivar nun proceso xudicial.

O resultado final foi o do actual edificio tal como o vemos, no que os veciños como se verá máis adiante colaboraron con man de obra e portes de materiais necesarios para a construcción.

IGREXA ANTIGUA
SOLICITUDE DE ARREGLO DA IGREXA VELLA
Moitos anos antes de que se pensara en construir un novo edificio, os veciños de Parderrubias, no 22 de agosto de 1804, nunha carta dirixida ao bispo, encabezada por José Gómez, procurador síndico xeral, e os veciños Francisco de Lemos, José Farrapeira e Juan Antonio Romero, no seu nome e “a nombre de los mas vecinos de la parroquia de San Thome de Parderrubias” comunican o mal estado da igrexa vella. Fanlle presente “a V.I. que hallandose la Yglesia de ella deteriorada, tanto techos como de todo lo mas a que se agrega hallandose tambien la campana única rompida, y sin ropas decentes para consagrar, siendo todo una indecencia con que se entibia la devoción de los fieles, pues hasta el enlosado se halla de manera que no puede entrarse en dicha iglesia, motivos por que muchos de los vecinos nos vemos precisados a concurrir a otras parroquias a oyr misa…”. Por iso piden un recoñecemento do estado e que se fagan os arranxos necesarios.

O 30 de agosto de 1804, o bispo manda ao cura de Santiago de Baldráns “para que pasando a la Iglesia Parroquial de Santo Tomé de Parderrubias, reconozca el estado de su edificio, sus ornamentos, vasos sagrados, retablos, confesionarios e demais necesario…”

Polo que se ve, dende esa data na que o bispo de Tui ordena visitar a igrexa e que se lle informe do seu estado, o cura de Baldráns non se deu moito apuro. Él mesmo recoñece que todo o que lle pode dicir a “V.I. sobre el particular de que me he informado por dispacio según por la fecha se reconoce” o pon por escrito do 28 de novembro de 1804, donde dice:

“…por lo que mira al edificio y retablos la considero inutil, en atención a que si se reedifica es necesario gastar otro tanto o mas que haciendolo de nuevo; porque enlosando, como es indispensablemente necesario, es necesario dar a las paredes unha elevación de vara y media mas de alto, con el fin de hacer no solo algún pavimento, sino de librarlo de las aguas que recoge de unha capilla contigua a la misma Iglesia y que necesita de igual reedificación; y en este caso es preciso arruinarla de todo, formandolas de nuevo con distinto fundamento, porque según se hallan en el dia, no pueden resistir el peso de dicha elevación. La frontera visiblemente amenaza ruina, y es muy peligroso doblar la única campana que tiene y necesitada de composición, porque a su movimiento, se mueven tambien las piedras que la sostienen. La capilla mayor si no esta peor, no esta en la menor condición; el arco que la distingue del cuerpo de la iglesia es de tabique, y por ser de esta construcción tiene ocasionado muchos gastos en repararle, sin poderse nunca conseguir sus subsistencia. Todas estas ruinas son en mucha parte ocasionadas y procedidas de la situación local en que está construido este edificio, por ademas de ser enteramente lóbrego y desproporcionado a la utilidad de aquel vecindario y de quien lo adminstra, se halla al pie de una montaña desamparada y destituida de todo habitante, y que despide aguas en abundancia, de que es partícipe aquella pobre Iglesia…”

O 16 de decembro de 1804, José Gómez, síndico procurador general, no seu nome e no dos veciños dirixe outra carta ao bispo na que lle indica o interese de que a vista dos informes tome algunha resolución “…a fin de que los naturales de la mencionada parroquia experimenten el gusto que apetecen de ver su Iglesia bien compuesta y adornada.”

PRIMEIRA RESOLUCIÓN DO BISPO: RECAUDAR FONDOS
O 18 de abril de 1805 o bispo ordena ir xuntando o diñeiro dos diezmos e primicias para a construcción e reparos, o que se fai dende o 1º de maio deste ano 1805.

Ata o 28 de novembro de 1814 non hai novas ao respecto dos arreglos da igrexa; hai que ter en conta que polo medio houbo unha guerra de varios anos contra os franceses. Nesta data pidense contas do que hai “economado” e dicir aforrado. Dice: “…Pasese oficio al Ecónomo general de este obispado para que de razón de los efectos economados que haya en su poder pertenecientes a la abadía de Santo Thome de Parderrubias, como tambien de los que hubiere entregado en dicho economado el actual abad Don Vicente Baqueiro, a consecuencia de la obligación que hizo en primero de mayo de mil ochocientos cinco, y de su inversión..”

A raiz disto comenza unha disputa polo diñeiro. O obispado quer facerse cos cartos “economados”, e por iso o Provisor General pídelle contas ao responsable da contabilidade, o Ecónomo Xeral, quen informa que o cura de Parderrubias non entregou nada. A vista disto, o 14 de decembro de 1814 e o 21 de xaneiro de 1815, requirenlle de novo ao cura de Parderrubias as contas.

Con tanto requerimento o cura vese obrigado a non esperar máis e dous días despois, o 22 de xaneiro de 1815, fai as contas, das que resulta unha suma dos aforros que ascenden a VINTEDOUS MIL E CINCUENTA E TRES REAIS CON VINTACATRO MARAVEDIES, “…salvo yerro, y aseguro a V.S. que en ella procedí en lo que tenía duda mas contra mi que contra la Yglesia…”. Asi e todo o cura parece negarse a entregar os cartos e incluso consegue que os veciños apoien cun escrito a súa postura. O escrito ten data do 24 de xaneiro de 1815, no que expoñen de novo o mal estado en que está a igrexa e indican que, despois dos anos que se leva retendo parte das rendas, xa hai diñeiro suficente para as obras. Piden que o diñeiro quede nas mans do abade, no que confian pode responder en caso de desaparición por ser persoa acaudalada, e terminan suplicando

“…se sirva suspender la orden para la entrega de dinero mandada hacer al abad de Parderrubias en poder del economo y que subsista en el de aquel, a fin de que tenga la inversión y destino a que fue aplicado, y que los vecinos de Parderrubias logren el consuelo de ver construida quanto antes la obra y reparos de su iglesia parroquial…”

O obispado non accede o que lle piden e o mes seguinte, o 24 de febreiro de 1815, o Provisor General, por mandado do bispo da un prazo de 15 días para que o cura entregue o diñeiro.

Asi mesmo neste escrito ordenase ao cura de Santa María de Salceda que “…reconociendo por medio de peritos de su satisfación la Yglesia parroquial de Parderrubias, nos informará de su estado actual; si convendra construirla de nuevo en el mismo sitio en que se halla o en otro mas proporcionado o si será mejor componerla…”.

A DECISIÓN DE CONSTRUIR UNHA IGREXA NOVA
Do anterior deriva a data decisiva e máis importante de todo este proceso, o 17 de marzo de 1815.

Neste día o abade de Santa María de Salceda recoñeceu o estado da igrexa auxiliado polos peritos Domingo Novas, de Tui, e José Solla, de San Xorxe de Salceda. No seu informe dice textualmente que:

 

“…dieron por inutil dicha Yglesia y que de ninguna manera debia construirse de nuevo en el mismo sitio, por allarse a larga distancia de los vecinos, y en una situación muy sola expuesta al robo…”

Sigue o escrito dicindo que a vista desa recomendación, de que conviña facela de novo nun sitio no medio da parroquia, convocaron unha reunión dos veciños da parroquia:

“…fue necesesario juntar la maior parte de los vecinos por si convenian en ello, y todos dijeron que sí, por los motivo indicados; esto supuesto señalaron el sitio en donde se ha de hacer la nueva yglesia; cuio sitio se denomina MARTIN, está a la mediación de la parroquia…”

En canto ao diñeiro o cura continuaba sen entregalo, xa que o 12 de xuño de 1815, o ecónomo general informa que “…debo decir a Vmd. que D. Vicente Baqueiro, Abad de Parderrubias, no ha puesto hasta haora dinero alguno en mi poder…” A vista desta situación, o 14 de xuño de 1815, o bispo ordena que o asunto pase a mans dos tribunais de xustiza. Dice:

“…pasese a nuestro Tribunal de Justicia para que en su vista se proceda a lo que haya lugar con arreglo a derecho…”z

Este decreto coa amenaza de verse diante dos tribunais do obispado debeu preocuparlle bastante ao cura, xa que o dia 21 de xuño de 1815, entregoulle ao economo xeral a cantidade de 15.500 reais, como adianto da conta total. Asi o informa nun escrito datado o día 8 de xulio do mesmo ano.

A CONSTRUCCION DA IGREXA
O Arquitecto foi DOMINGO ANTONIO NOVÁS Y LEMOS, natural de Pazos de Reis (Tui). O 17 de marzo de 1815 encargouselle “…un plan de la nueba Yglesia…”, polo que foi él quen fixo os planos do edificio e o presuposto.

Despois de todo o tempo transcurrido aínda tiveron que pasar varios anos para que se empezara a encamiñar definitivamente o asunto da construcción da nova igrexa.

No ano 1819, contratouselle a obra, a JOSE MANUEL PALLÓN, veciño de San Martiño de Lanhelas (Portugal), mestre de canteiría (IGLESIAS ALMEIDA, E.: Arte y artistas en la antigua Diocesis de Tui; 1989; páxs. 82 e 86).

Asi mesmo neste ano 1819, o día 3 de maio, foi outra data importante, por ser o día en que os veciños da parroquia firman diante de notario un escrito polo que se comprometen a aportar traballo persoal abrindo a cimentación e carretando materiais:

“…estaran y pasaran por lo que en virtud de este Poder se hiciere y obrare sin repugnancia alguna y dijeron que mediante se halla dispuesto por el Ilustrisimo Señor Obispo fabricar iglesia nueva en esta dicha parroquia, por hallarse la que hay amenazando roina e en sitio muy despoblado…..teniendo presente que los mas de los vecinos son pobres, sin carro ni bienes para conducir piedra, ni otros auxilios, conociendo la extrema necesidad que tienen de dicha iglesia, se obligan, con sus personas y bienes, de abrir los cimientos de dicha iglesia, conducir o carretar la teja que necesite para cubrir con las maderas que sean precisas, y asimismo conducir solamente la piedra que sea util de la iglesia bieja a la nueva, sin hacerlo de otra alguna por la escased y falta de carros y bienes que hay en esta parroquia, sin que a los otorgantes, y quien representan se les pueda obligar a otro ningun servicio más…”

Con isto deronse por rematados os trámites para a construcción da actual igrexa parroquial. No edificio, dunha sola nave e cunha capela maior na cabeceira, separada por un arco, instalaronse os retablos da antiga igrexa. O do altar maior está adicado ao patrón da parroquia o Apostol San Tomé, e os dous que existen nos laterais da nave, un a Virxe das Dores e outro a do Rosario. Foron realizados por JUAN ANTONIO MARTÍNEZ, maestro escultor, no ano 1767 (IGLESIAS ALMEIDA, E.: Arte y artistas en la antigua Diocesis de Tui; 1989; páx. 72).

igrexa parderrubiasigrexa-parderrubias


3. A CAPELA DE SAN ANTONIO DE PADUA

É importante recordar e deixar constancia de en Parderrubias existiu unha capela adicada a San Antonio de Padua. Era a única que existía na parroquia e foi derribada hai uns anos para ampliar unha pista. Nun expediente de arreglo parroquial do ano 1854 dícese que a capela tiña 30 por 20 cuartas e que se situaba na entrada da casa do Marqués de Bendaña. A capela pertenecia a esta familia da nobleza que tiñan a Granxa do Castro. O Marqués de Bendaña, era un dos señores que poñian xuices e cobraban rendas en Parderrubias no Antigo Rexime, antes de que existiran os actuais concellos.

A primeira noticia que temos desta capela é do ano 1748, en que nunha visita pastoral se lle ordena ao patrono que retoque ou faga unha imaxe nova de San Antonio asi como o altar no que se atopaba o santo. En 1780 ordenaselle que se blanquee o seu interior e se recompoña o retablo.

No ano 1826 o administrador do Marqués solicita do Bispo autorización para decir misa rezada cada dúas semanas e unha cantada no día do santo. Sinala que dende a invasión das tropas de Napoleón estivera cerrada ata ese ano polo que se tiña deteriorado; pero que se fixeron os arreglos oportunos e que se habilitara con todo o necesario para decir misa, aínda que con algunhas faltas. No ano 1835, despois de terense feitos os oportunos arreglos no retablo o Bispo deu autorización para celebrar misa na capela.

Uns anos despois, no 1878 produciuse un feito curioso que foi o seguinte: Manuel Fernández Estévez, viudo e veciño de Parderrubias, solicita licencia para casarse nesta capela con María Estévez, solteira e da mesma parroquia; alega que é para evitar as ridiculeces e burlas que o vecindario acostumbra a facerlle aos viudos, mais comunmente coñecidas por “cornetadas”.

Nos últimos tempos en que existía, a capela estaba arruinada e sen tellado. O único de valor que se podería ter conservado é a portada que estaba feita en granito, formando un arco adovelado. Desafortunadamente as pezas desa portada desapareceron despois de que foran derrubados os restos que quedaban, como se dixo antes para ensanchar o camiño.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA VIRXE DAS DORES PROCESIoN PROCESION2

Leave a reply

You must be logged in to post a comment.