GRUPO DE PANDEIRETA E CANTO
— 28 abril, 2014 0 601O Grupo de Pandeireta e Canto Xunco pode actuar en solitario o formando parte do Grupo Folclórico.
Historia e Actuacións
2011
– 24 de Xuño: Despois dun parón e de novas incorporacións, fan o seu estreno no Serán que se celebra en San Xurxo.
– 1 de Outubro: participa no Serán da Colleita en Parderrubias.
2009
Neste novo ano, Tere será a súa nova profesora.
– 22 de Marzo: actúan no Centro Cultural de Rebordáns, formando parte do Grupo Folclórico.
– 25 de Abril: actúan, xunto co Grupo de Play backs, no Centro Cultural de Picoña.
– 25 de abril: Tamén participan no Serán que se organiza no torreiro de Santa Maria de Salceda.
– 24 de Maio: actúan en Belesar (Baiona), formando parte do Grupo Folclórico.
– 5 de setembro: participa no serán dos callos que organiza o Concello de Salceda.
– 3 de Outubro: Participa no serán que organiza a AAVV San Tomé no torreiro do Centro Cultural de Parderrubias.
-18 de Outubro actúa no Centro Cultural de Parderrubias, con motivo do Ciclo Cultural 2009 que organiza Xunco.
2008
– 10 de Febreiro: fai unha actuación no centro de «A Forna» de Budiño.
– 12 de Abril: participa non serán que organiza o grupo «O serán» en Santa María de Salceda.
– 25 de Abril: actúa no Centro Cultural de Picoña.
– 7 de Xuño: participa no serán que se organiza no Centro Cultural «O Coto» de Budiño.
– 26 de Xullo: participa, formando parte do Grupo Folclórico, no Festival Folclórico Paradanda en O Grove organizado pola A.C. Mecos desa localidade.
– 6 de setembro: participa no Serán dos Callos, que se organiza en Salceda de Caselas.
– 4 de Outubro: participa no serán San Tomé que se organiza no torreiro de festas de Parderrubias.
– 18 de Outubro: actúa no centro cultural de Parderrubias co motivo do Ciclo Cultural 2008.
2007
A partir destes momentos dirixe o grupo a profesora Isabel.
– 20 de Maio: con motivo das festas patronais da Virxe das Dores, actúa no torreiro de festas de Parderrubias, formando parte do grupo folclórico.
– 16 de Xuño: actúan no Centro Cultural de Rebordáns (Tui).
– 7 de Xullo: participa nun serán que se organiza nas pistas do Centro Cultural O Coto, en Budiño.
– 21 de Agosto: actúa no Centro Cultural de Caldelas de Tui.
– 1 de Setembro participa no Serán dos Callos que organiza o Concello de Salceda.
A partir de Setembro de 2007 pasa a ser o seu profesor e director: Diego.
– 28 de outubro: A súa primeira actuación co novo profesor ten lugar no ciclo cultural 07 en Parderrubias, onde estrean vestimenta.
– 2 de Novembro: participa no serán organizado en Parderrubias.
– 24 de Novembro: participan nun serán organizado no centro cultural «A Forna» de San Salvador de Budiño.
2006
– 13 de Maio: actúan no centro cultural de Alxen, acompañando ó Grupo de teatro.
– 7 de Xullo: actúa no Serán que se organizou no recinto de festas de Parderrubias, xunto con outros grupos da Agrupación, ademáis de outros.
– 3 de Agosto: actúan no Centro Cultural de Entenza (Salceda de Caselas).
– 12 de novembro: Con motivo da clausura do Ciclo Cultural 2006 en Parderrubias, actúa xunto con outros grupos de Xunco no torreiro de festas.
2005
– 17 de Maio: o Grupo de Pandereta e canto Xunco fai a sua presentación no centro cultural de Parderrubias, con motivo das letras galegas 2005.
– 29 de Outubro: con motivo, do ciclo cultural 2005 actuaron no centro cultural de Parderrubias.
Leave a reply
You must be logged in to post a comment.