GRUPO DE TEATRO XUNCO

0 854

As actrices e actores, todos afeccionados, son veciños da parroquia de Parderrubias.
Dende o 2005, o grupo está sendo dirixido por José Estévez.

HISTORIA e ACTUACIÓNS
Nesta segunda andaina, ten o seu inicio no 12 de Febreiro de 2005, que con motivo do Antroido, representa a súa primeira obra“ISTO CAMBIOU”. Dada a súa aceptación, esta obra foi representada en parroquias dos alrededores, tales como: Pexegueiro, Soutelo, Entenza, A Forna de Budiño, Castro Barreiro, Pazos de Reis, Picoña, Alxen e Cristiñade. Dada a demanda, vólvese poñer en escena ata o ano 2011, no Auditorio Municipal de Salceda, colaborando coa Asociación “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui”, Vilariño (A Ramallosa), Ameirolongo-Sanguiñeda (Mos), Pereiras (Mos), Xinzo (Ponteareas), Chaín (Gondomar) e Arantei.

Con motivo das Letras Galegas, o 13 de Maio de 2005 estrenou a obra “O VELORIO” en Parderrubias, que a súa vez foi representada en San Xorxe.

Entremedio representaronse varios cortos cómicos de gran éxito.

O 21 de outubro de 2006, estrea en Parderrubias a obra“COUSAS DE PARROQUIA”, representándose, tamén no auditorio Municipal de Salceda, A feira (Salceda), Pazos de Reis (Tui), A Forna de Budiño (Porriño), Soutelo, Alxen (Salvaterra) e Cela (Mos).

O 22 de outubro de 2011, estrea a obra: “O FONTANEIRO É A MIÑA MULLER”.

O 9 de xullo, parte do grupo de teatro participa no roteiro de Salceda, parodeando a raíña Aragonta.

O Fontaneiro é a miña muller foi representada en:

– Centro cultural de Viladesuso (Sta. Mª Oia) (13-10-19)
– Centro cultural de Chapela (Redondela) (19-01-19)
– Centro cultural de Matamá (Vigo) (04-06-17)
– Centro cultural de Louredo (Mos) (17-05-17)
– Centro cultural de Arcos (Ponteareas) (22-01-17)
– Centro cultural de Pereiras (Mos) (02-12-16)
– Centro cultural de Pazos de Reis (Tui) (9-10-16)
– Centro cultural de Cristiñade (30-04-16)
– Centro Asociación veciñal de Cabral (18-10-15)
– Centro Cultural de San Xurxo (12-06-15)
– Casa do Pobo de Soutomaior (18-04-15)
– Centro Cultural A Forna – Budiño (18-04-15)
– Centro Cultural de Mouriscados – Mondariz (8-12-14)
– Centro Cultural de Picoña (2-05-14)
– Centro Social de Dena-Meaño (23-03-14)
– Local Social AAVV S. Salvador de Torneiros (19-01-14)
– Centro Cultural de Parderrubias (16/11/13)
– Centro cultural de Arantei – Salvaterra (20/10/13)
– Centro Cultural de Chaín – Gondomar (12/05/13)
– Centro Cultural de Ribadetea – Ponteareas (21/04/13)
– Centro Cultural de Paramos – Tui (09/12/12)
– Centro Cultural de Santiago Oliveira – Ponteareas (08/12/12)
– Centro Cultural de Cedeira – Redondela (25/11/12)
– Centro Cultural Castro Barreiro (07/09/12)
– Centro Cultural de Caldelas (21/08/12)
– Centro Cultural de Atios (21/07/12)
– Centro Cultural de Ribadelouro (20/07/12)
– Auditorio Municipal de Ponteareas (17/06/12)
– Centro Cultural de Soutelo (03/06/12)
– Centro Cultural de Alxen (Salvaterra) (26/05/12)
– Centro Cultural de Beade (Vigo) (10/03/12)
– Centro Cultural de Rebordáns (Tui) (5/12/11)
– Centro Cultural O Coto de S Esteban Budiño (4/12/11)
– Centro Cultural A Feira (Salceda)  (19/11/11)
– Auditorio Municipal de Salceda (11/11/11)


                 ARGUMENTACIÓN OBRAS E PERSOAXES

O FONTANEIRO É A MIÑA MULLER
Divertidísima Comedia que conta a historia de Tonio que perdeu a súa muller, fai un ano, nun accidente, intentando refacer a súa vida sen superar o trauma.
Un tubo roto fai que chame a un fontaneiro, que tratando de arranxalo electrocútase e reencárnase no espírito de Daniela, a defunta muller de Tonio, que no corpo do fontaneiro, intenta recuperar a súa vida matrimonial.
Unha estrana que se mete na súa casa, a veciña de arriba, a nai, o conserxe do edificio, a cuñada, a esposa e a sogra do fontaneiro, farán vivir a Tonio momentos de frenética tolemia.
Os personaxes entran e saen sen sequera pedir permiso, onde hai confusión de ideas e falta de claridade nelas, espíritos que se reencarnan, amores, celos e todos os ingredientes dunha boa comedia de enredos
.
                                                 Reparto
Javier Barreiro: Daniel/Daniela       Mª Arita Rguez: Leonor
José Estévez:
Tonio                               Josefina Caballero: Sara (mamá)
Mirian Glez: Maite                              Mª Dolores Estévez: Carolina
Mónica Lemos:Eti                               Mª Elvira  Taboada: Maruxa
                                                                     Pepe Fernández: Fonso
Axudante  Dirección: Gelis Rguez
Luz e son: Arturo Fdez                              Dirixe: José Estévez

COUSAS DE PARROQUIA
Representación cómica, ambientada no mediados do século XX, que pon de manifesto cousas que poderían pasar en calquera parroquia de calquera bisbarra, pero que vai ter un profundo sentimento na nosa parroquia de Parderrubias.
Está basada na obra: “Pista ou peste”, que foi alongada de forma inventiva e fundamentada na nosa parroquia.
A obra consta de catro actos nos que se vai mesturar historia con humor.

                           REPARTO

TIBURCIO: JOSE          XANELA: GELIS
XAN: JAVI                     Manoela de Outeiro: EMMA
MARCELO: ARTURO  PALMIRA: ANDREA
ANTON: LOLA              BALBINA: MIRIAN

ELECTRICISTA: PEPE  

LUCES E SON: MANOLO

ISTO CAMBIOU

Obra cómica en tres actos, nos que se desenvolven unha serie de situacións que acontecen a diario nas relacións de convivencia, hoxe en día, en calquera casa.
Os protagonistas (dúas parellas) intercambian os papeis de persoas dominantes:

muller sobre o home nun caso / home sobre a muller noutro

O trasunto trata dun xeito humorístico un tema de tanta actualidade como é a relación conflictiva que se pode dar en calquer domicilio.
Na obra desdramatizanse as situacións e, cunha fina ironia, vaise pór de relevo a importancia de que ao final se acade un entendemento, na diaria necesidade de compartir tarefas e así solventar as discrepancias, limando as situacións conflictivas até facelas desaparecer.

                              REPARTO

PEPA: Prudencia                           PERRUQUEIRA: Mª Elvira
XOAN:  Javi Barreiro                   PERRUQUERÍA: Fina e Gelis
MARÍA: Mª Arita                           TABERNEIRO: Pepe Fernández
PEPE: José Estévez                       LUCES E SON: Arturo          

Leave a reply

You must be logged in to post a comment.